
Xa estamos un pouco fartos de todo o que está a pasar na alambrada de Melilla, na que, desgraciadamente morreron persoas por motivo dos disparos de Deus sabe quen... As solucións non son viables. O problema da inmigración está descontrolado.
Os inmigrantes non saben que facer xa para entrar noutro país, que representa un novo mundo, aínda que despois cheguen aquí e se rebaixen os piores traballos que hai.
Veñen a traballar de forma humilde e sen tratar de molestar a ninguén. Arriscan a súa vida tratando de cruzar un alamio espiñoso e cando por fin logran tal fazaña, cheos de cortes e cardenais,
son enviados de novo o seu país, cando todo o esforzo e ilusión co que entraron son feitos añicos... Agora o goberno plantexa exilialos ó deserto, para evitar que haxa problemas... De verdade crean eles problemas?
Unha persoa é ilegal? Ninguén debería ser ilegal en ningún país... non?
0 comentarios